Dende 2022 impulsamos a lírica, a música antiga e a creación contemporánea en Cedeira, combinando formación intensiva, produción cultural e recuperación de patrimonio.
Somos unha asociación cultural nacida en Cedeira co obxectivo de ofrecer formación operística e de música de cámara de excelencia fóra dos grandes centros urbanos, conectando talento novo con profesionais de recoñecido prestixio.
Obradoiros de música antiga, técnica vocal por niveis, interpretación escénica e o propio Opera Studio, o noso programa estrela de residencia artística.
Representacións públicas de calidade profesional e eventos comunitarios que integran formación e exhibición, con difusión presencial e en streaming.
Recuperación de repertorio histórico, documentación de procesos creativos e un arquivo audiovisual propio das actividades realizadas.
Incorporación de novas tecnoloxías na difusión, adaptación pedagóxica ás necesidades do alumnado actual e creación de redes con outras entidades formativas.
Unha residencia artística intensiva que combina formación práctica, enfoque profesional e vínculo coa comunidade. Cada edición culmina coa produción completa dunha obra lírica, levada a escena por residentes seleccionados xunto a profesionais en activo.
Dende a súa primeira edición, o programa medrou de xeito orgánico: de 20 a máis de 40 participantes formados, cunha internacionalización gradual e unha progresión profesional documentada entre antigos alumnos e alumnas.
Niveis inicial, intermedio e avanzado, con seguimento personalizado do alumnado.
Magna Ferreira →Movemento, expresión corporal e dramaturxia musical aplicada á lírica.
Marcos Vieitez →Formación práctica en conxunto, con repertorio específico por edición.
Magna Ferreira →Repertorio camerístico e traballo de conxunto entre instrumentistas.
Mariña García-Bouso →Especialización en música antiga, con criterios de interpretación histórica.
Xurxo Varela →Traballo sobre repertorio coral-litúrxico, dende a fonte orixinal á posta en escena.
Magna Ferreira →Construción de instrumentos históricos de principio a fin, seguindo técnicas tradicionais.
Oli Xiráldez →Dispoñible para os participantes dos obradoiros de baixo continuo e música de cámara que o precisen.
Instrumento histórico á disposición do alumnado para as sesións de música de cámara e orquestral.
Un dos dous cornetos dispoñibles no obradoiro, para participantes que non conten con instrumento propio.
Segundo corneto do fondo instrumental de Cedeirart, dispoñible para o alumnado que o necesite.
Cedeirart pon este instrumental histórico á disposición dos participantes nos obradoiros que non dispoñan de instrumento propio, facilitando así o acceso á formación en interpretación historicista. Este instrumental foi posible grazas á achega da Deputación da Coruña e do Concello de Cedeira.
Cinco anos de crecemento orgánico, dende un obradoiro intensivo ata un programa formativo integral.
Posta en marcha dunha iniciativa pioneira no rural galego: formación operística profesionalizante fóra dos grandes centros urbanos, cun obradoiro intensivo que culminou na primeira representación completa.
Ampliación da oferta formativa (técnica vocal, interpretación escénica, música orquestral, baixo continuo, oratorio) mantendo a excelencia como bandeira, e consolidación de alianzas con conservatorios e entidades culturais.